DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO de modificación do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación da obra de rehabilitación do pavillón polideportivo.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o 9 de xuño de 2010, acordou modificar o prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o procedemento de contratación da obra rehabilitación do pavillón polideportivo (aprobado por resolución desta Alcaldía con data do 10 de maio de 2010 e publicado no perfil do contratante e no DOG do 21 de maio e no BOP do 31 de maio) polo que se abre un novo prazo de presentación de proposicións de 13 días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

O prego de cláusulas administrativas particulares modificado poderase consultar no perfil do contratante.

Cangas, 10 de maio de 2010.

Clara Millán González

Alcaldesa presidenta