DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2010, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación dun único lote do servizo de transporte intercentros de persoas e mercadorías lixeiras entre o Hospital Provincial (Loureiro Crespo, número 2) e o Hospital Montecelo (Mourente, s/n), centros dependentes do Complexo Hospitalario de Pontevedra, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada unicamente en criterios avaliables de xeito automático por aplicación de fórmulas AB-CHP1-10-024.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Unidade de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2 (Hospital Provincial).

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4) Teléfono: 986 80 71 03.

5) Telefax: 986 80 70 52.

6) Correo electrónico: contrataciones.chopo@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-CHP1-10-024.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de transporte intercentros de persoas e mercadurías lixeiras entre o Hospital Provincial (Loureiro Crespo, nº 2) e o Hospital Montecelo (Mourente, s/n), centros dependentes do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: lote único.

d) Lugar de execución: Hospital Provincial e Hospital Montecelo.

1) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2 e r/ Mourente, s/n, Montecelo.

2) Localidade e código postal: Pontevedra 36001 e 36071.

e) Prazo de execución: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do complexo, centro Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra (Hospital Provincial).

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

7. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

b) Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

c) Data e hora: a data e hora de celebración da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

8. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: 5,42 €/liña (se é urxente 10,82 €/liña).

Pontevedra, 24 de maio de 2010.

José Manuel González Álvarez

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra