DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 3 de xuño 2010, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia no expediente 15R002/7/2010.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, ala Norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 3 de xuño de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/7/2010.

Interesada: Avenir Telecom, S.A.

NIF: A-48980973.

Acto notificado: proposta de resolución.