DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2010 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario, para a adxudicación do contrato suxeito a regulación harmonizada de elaboración do proxecto e execución da obra hidráulica da estación depuradora de augas residuais de Ribadumia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

2) Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6) Correo electrónico: contratacion.eposh@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?OR=24

8) A documentación tamén poderá obterse na copistaría Copy Estudio na rúa Nova de Abaixo nº 19-20 (galerías), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 59 33 85.

9) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.336.945.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: proxecto e obra.

b) Descrición: proxecto e obra da estación depuradora de augas residuais de Ribadumia.

c) Lugar de execución: Ribadumia (Pontevedra).

d) Prazo de execución: trinta e tres (33) meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45232440-8, 45232431-2 e 45232420-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 6.704.086,22 euros. IVE (%) 16. Importe total: 7.776.740,02 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Provisoria: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo K, subgrupo 8, categoría e.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica, de ser o caso: as empresas non españolas comunitarias que non estean clasificadas, acreditarán as súas solvencias económica e financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 64.1º a) e 65 a) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público nos termos que se expresan nas cláusulas 7.3.1 e 7.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 de agosto de 2010.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).

2) Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Presentación por correo: as ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, baixo.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

c) Data e hora: 25 de agosto de 2010 a apertura do sobre B e 13 de setembro de 2010 a apertura do sobre C ás 10.00 horas en ambos os casos.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 18 de xuño de 2010.

11. Outras informacións:

a) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

b) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unións de empresarios.

c) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se atrasen faranse públicas as novas datas mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

e) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como das adxudicacións provisional e definitiva faranse públicas no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2010.

Ethel Mª Vázquez Mourelle

Presidenta da Empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos