DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2010 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, trámite ordinario e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor, para o servizo de deseño, instalación, montaxe e atención dun posto da Consellería do Medio Rural na feira Iberflora 2010, que terá lugar en Valencia do 20 ao 22 de outubro de 2010 (expediente 28/10).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de deseño, instalación, montaxe e atención dun posto da Consellería do Medio Rural na feira Iberflora 2010, que terá lugar en Valencia do 20 ao 22 de outubro de 2010.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: do 11 ao 30 de outubro de 2010, sen prórrogas.

f) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 99.137,93 €.

IVE (18%): 17.844,83 €.

Orzamento base de licitación: 116.982,76 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación (excluído IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo de Contratación (Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural).

b) Secretaría Xeral.

c) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

d) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

e) Teléfonos: cuestións administrativas (981 54 57 48, 981 54 57 42); cuestións técnicas (981 54 00 62).

f) Fax: 981 54 57 92.

g) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

h) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14360

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, ás 14.00 horas (hora local), a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, edificio administrativo San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora:

A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o 26 de xullo de 2010.

Hora: 12.30 horas.

A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, a data e a hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil de contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

P.D. (Orde 24-4-2009)

Jorge Atán Castro

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural