DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería do Medio Rural, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia.

A) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Río, SAT nº 1258 XUGA, na asemblea xeral do 22 de marzo de 2010, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Joaquín Fernández Arias, presidente; José Fernández Arias, secretario; e Jimena Arias Millares, como vogal.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Palancana, SAT nº 1394 XUGA, na asemblea xeral do 24 de marzo de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Amadeo Estévez Ameijeiras, presidente; José Manuel Estévez Bustelo, secretario; e María del Carmen Bustelo Barbeira, como vogal.

2. Modificar o artigo 11 do seu estatuto social segundo detallan na acta da asemblea.

c) A Sociedade Agraria de Transformación A Pementeira, SAT nº 1345 XUGA, na asemblea xeral do 24 de marzo de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Milagros González Refojo, presidenta; Teresa Pérez Blanco, secretaria; Marcelino Raris García, Milagros Piñeiro Freire, Begoña Chenlo Gómez e Rosa María Diéguez Raris, como vogais.

2. Aceptar a baixa da socia Manuela Carles Barreiro e a alta como socio de José Ramón Magariños Carles. Esta alta e baixa non leva implícita unha modificación do capital social.

d) A Sociedade Agraria de Transformación El Llano, SAT nº 993 XUGA, na asemblea xeral do 9 de marzo de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Josefa Blanco López, presidenta; José Ramón Méndez Blanco, secretario; e José Méndez Palacios, como vogal.

2. Ampliación do capital social da SAT en 86.546,88 €, pasando de 37.864,26 € a un capital social total de 124.411,14 €, representado por 207 títulos nominativos de 601,02 € cada un deles.

3. Modificar o artigo 2 do seu estatuto social segundo detallan na acta da asemblea.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Gandería Maceiras, SAT nº 1316 XUGA, na asemblea xeral do 26 de febreiro de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: José Antonio Bernárdez Pájaro, presidente; María del Carmen Ferreiro Silva, secretaria; e Sandra Bernárdez Ferreiro, como vogal.

2. Modificar o artigo 11 do seu estatuto social segundo detallan na acta da asemblea.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Crespo, SAT nº 1322 XUGA, na asemblea xeral do 10 de marzo de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: José Fernández Negro, presidente; Áurea Castro Jacobo, secretaria; e Iván Fernández Castro, como vogal.

2. Modificar o artigo 11 do seu estatuto social segundo detallan na acta da asemblea.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Fragueiro, SAT nº 1176 XUGA, nas asembleas do 7 de xaneiro e do 28 de abril de 2010, toman os seguintes acordos:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Milagros Varela Fagilde, presidenta; Daniel Torrón Díaz, secretario; e José Manuel Torrón Varela, como vogal.

2. Modificar o artigo 11 do seu estatuto social segundo detallan na acta da asamblea.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Alecrin, SAT nº 1187 XUGA, na asemblea xeral do 15 de febreiro de 2010, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Javier Puñal Soneira, presidente; José Ramón García García, secretario; e Julio Nieto Andrade, como vogal.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Veiga da Lama, SAT nº 1087 XUGA, na asemblea xeral do 12 de marzo de 2010, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: María del Carmen Rubiños Valiña, presidenta; José Luis Val Campos, secretario; María del Carmen Val Campos, Ana Campos Vilariño e Isaac Val Negrelos, como vogais.

j) A Sociedade Agraria de Transformación A Campa, SAT nº 1028 XUGA, na asemblea xeral do 12 de abril de 2010, toma por unanimidade os seguintes acordos:

1. Aceptar a baixa da socia María Ángela Costa Fernández e a alta simultánea, como socio, de Alberto Lamas Vázquez. Esta alta e baixa non levan implícita unha modificación do capital social, posto que os títulos do socio causante da baixa son transmitidos ao novo socio, segundo detallan na acta da asemblea.

2. Modificar o artigo 11 do seu estatuto social segundo detallan na acta da asemblea.

3. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: José Luís Lamas Costa, presidente; Carmen Vázquez Novo, secretaria; e Alberto Lamas Vázquez, como vogal.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2010.

José Álvarez Robledo

Director xeral de Produción Agropecuaria