DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

EDICTO do 26 de maio de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas neste departamento.

No uso das competencias atribuídas a este departamento territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representados, no Servizo de Promoción do Emprego do Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Fernández Latorre, nº 132-1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte.

A Coruña, 26 de maio de 2010.

Luis Alberto Álvarez Freijido

Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome: Iglesias González, Carlos Manuel.

DNI/NIE: 46912321-A.

Expediente: TR341D 2009/1520-1.

Resolución: revogatoria.

Apelidos e nome: Cano Narváez, Jenny Marcela.

DNI/NIE: X 6164202 H.

Expediente: TR341D 2009/2943-1.

Resolución: denegatoria.