DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se empraza a empresa Construcciones J. Carro, S.A. no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 156/2010 interposto pola empresa Pinturas, Restauraciones y Revestimientos, S.L.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ao recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 156/2010, interposto pola empresa Pinturas, Restauraciones y Revestimientos, S.L. contra a desestimación do recurso de alzada no expediente sancionador na orde social nº 2007/0074-2; acta de infracción nº 136/2007/2/H.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, polo que se notifica e empraza a empresa Construcciones J. Carro, S.A. para que nun prazo de nove (9 días), contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, se o considera conveniente, poida comparecer en autos mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto. De comparecer fóra do indicado prazo, teráselle como parte, sen que por iso deba retrotraerse nin interromperse o curso do procedemento e se non comparecese oportunamente continuará o procedemento polos seus trámites, sen que teña que practicarlle notificación de clase ningunha.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais