DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ANUNCIO do 3 de xuño de 2010, do Servizo de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-07.10, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-07.10 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Patrimonio Cultural do Departamento Territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Advírtese ao interesado de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2010.

Roberto Pena Puentes

Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-07.10.

Interesado: Manuel Ogando Rivas.

Último enderezo coñecido: rúa Joaquín Costa, 112-1º B. 36004 Pontevedra.

Feitos imputados: construción dun garaxe, no lugar de Laxedo, na parroquia de San Sebastián de Covelo, no ámbito de protección do núcleo rural de Covelo, no concello da Lama (Pontevedra), sen licenza municipal e sen a previa e preceptiva autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.