DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 26 de maio de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2010101SEA, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de maio de 2010, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2010101SEA incoado no Departamento Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Fernando Pérez Mancebo.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5º do devandito artigo, notifícaselle a Fernando Pérez Mancebo o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante o departamento territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do departamento sito na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 26 de maio de 2010.

Emma Rego Valcarce

Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2010101SEA.

Interesado: Fernando Pérez Mancebo.

DNI/NIF/CIF: 32753810.

Derradeiro enderezo coñecido: Uxes, 146, 15742 Arteixo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 35 a) da Lei 14/86, do 25 de abril, xeral de sanidade e 41 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Artigos 2.1º.1; 2.2º do Real decreto 1945/83, do 22 de xuño, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios, artigo 5, anexo II, capítulo I.1) 2, capítulo II.1; capítulo VIII.1 e capítulo IX.4. Real decreto 1137/1984, do 28 de marzo, sobre a regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, circulación e comercio de pan e pans especiais, artigos 8.1º, 8) 11º e 9.1º.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 600 €. Seiscentos euros.