1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Contratación e Equipamento.
c) Número de expediente: ED-28/10SE.
2. Obxecto de contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de seguridade e vixilancia para o Centro Residencial Docente de Vigo (Pontevedra).
b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente de Vigo (Pontevedra).
c) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato. Ver punto 2.3º do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría A.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Prezo: 271.809,30 , que se corresponden cun valor estimado de 234.318,36 , máis 37.490,94 equivalente ao 16% do IVE.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe a súa constitución.
b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 44 60.
d) Poderanse consultar os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14369
7. Presentación das ofertas:
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
1ª) Entidade: rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
2ª) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.
3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria