DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Camiño Real no concello de Ourense. (Expediente IN407A 10/12-3).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Camiño Real.

Situación: Ourense.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 725 m, con condutor tipo R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. VLL809 ao C.T. avda. de Santiago 140 e remate no C.T. proxectado en caseta, Camiño Real de 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V. R.B.T. de 30 m con condutor tipo X.Z.1 derivada do C.T. proxectado. Orzamento 117.330,94 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 24 de maio de 2010.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense