DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello da Coruña. (Expediente IN407A 10/26).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Casanova de Eirís.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, cunha lonxitude de 0,126 km, coa orixe na L.M.T.S. EIR-721 Hernán Sáez entre a subestación de Eirís e o C.T. Hernán Sáez, en condutor R.H.Z.-1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) Al e final no C.T.C. Casanova de Eirís proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de maio de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña