DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Abegondo. (Expediente IN407A 10/21).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Ferreira.

Situación: concello de Abegondo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, cunha lonxitude de 0,612 km, coa orixe no apoio nº 4 da L.M.T. aérea BEG-703, tramo en derivada a C.T. Curriño (expediente 104/1989) e final no C.T. proxectado, en condutor R.H.Z.1-OL (AS) 3×1×400 mm2.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea de 0,710 km coa orixe no C.T. proxectado con condutor tipo XZ1.

Rede de baixa tensión aérea de 1,670 km, coa orixe nos apoios aéreo-subterráneos proxectados nos apoios nº 3, nº 15 e nº 45 e condutor tipo R.Z. en apoios de formigón. Concello de Abegondo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de maio de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña