DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CÉDULA do 25 de maio de 2010, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificación de apertura de expediente sancionador 125/10.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanse á empresa que se cita a continuación, a notificación de apertura de expediente sancionador instruído por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 125/10.

Denunciado: restaurante Casa Cuncho Vello.

Enderezo: Palmas 74, Domaio, 36957 Moaña (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Fernández Ladreda, 43-1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 25 de maio de 2010.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servizo de Infraestruturas

de Pontevedra