DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2010, do Servizo de Infraestruturas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia- para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada AC-550, no treito de concentración de accidentes situado entre o p.k. 98+900 e o p.k. 99+800, clave AC/07/130.06, termo municipal de Porto do Son, e se somete a información pública a relación de afectados.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

O 8 de xaneiro de 2010, a directora xeral de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, aprobou o proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada AC-550, no treito de concentración de accidentes situado entre o p.k. 98+900 e o p.k. 99+800, clave: AC/07/130.06, termo municipal de Porto do Son.

O 4 de febreiro de 2010 a Xunta de Galicia procedeu a declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 13/2010, publicado no DOG nº 32, do 17 de febreiro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e nos artigos 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Porto do Son.

Local: casa do concello.

Ver referencia pdf "11800D031P095.PDF"

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, que se inclúe como anexo nesta resolución, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no concello de Porto do Son e no Servizo de Infraestruturas da Coruña, praza Luís Seoane, s/n-8ª planta, 15071 A Coruña.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, DNI e último recibo da contribución, e poderán ser acompañados, ao seu cargo, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo de Infraestruturas da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se produciron ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 14 de xuño de 2010.

Antonio N. López Grueiro

Xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña

Ver referencia pdf "11800D032P096.PDF"

Ver referencia pdf "11800D034P098.PDF"