DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo consistente na catalogación, tipificación e unificación dun mínimo de 85 procedementos dos concellos de Galicia, cofinanciado con fondos Feder nun 80%. Procedemento aberto e tramitación urxente.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría Xeral.

2) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 20 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 78 22.

5) Fax: 981 54 42 39.

6) Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es ou manuel.diaz.lopez@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14342

8) Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SELO 07-CH.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo.

b) Descrición: servizo para a realización de tarefas consistentes na elaboración do inventario, tipificación e unificación dun mínimo de 85 procedementos dos concellos de Galicia cofinanciado con fondos Feder nun 80%.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva.

d) Prazo de execución: tres meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

e) CPV: 72222200-9. Servizos de planificación de sistemas de información ou de tecnoloxía da información.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 112.068,97€.

IVE ao 16%: 17.931,03 €.

Importe total: 130.000 €.

5. Garantías exixidas:

Provisional: 3.900 € (3% do orzamento de licitación, IVE incluído).

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1) Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do complexo administrativo San Caetano.

2) Domicilio: complexo administrativo San Caetano.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Subdirección Xeral de Contratación, edificio administrativo San Caetano bloque 1, 2º andar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.15 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións, de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010.

Beatriz Cuiña Barja

Secretaria xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza