DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (806/2009).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 806/2009 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Antonio Collazo Rey contra a empresa Ellis Dawn, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decisión:

En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu que estima a demanda formulada por José Antonio Collazo Rey contra a empresa Ellis Dawn, S.L., polo que condena a empresa demandada a aboarlle á parte demandante a cantidade de 2.424,08 euros polos conceptos recoñecidos como debidos nesta resolución.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito das partes, do seu avogado ou do seu representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta nº 1531, clave 60, e que pode substituírse por aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista máis outra cantidade de 150,25 euros na conta nº 1531, clave 34, e en calidade de depósito e en impreso separado ao do importe

da condena.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ellis Dawn, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

A Coruña, 19 de maio de 2010.

María Blanco Aquino

Secretaria xudicial