DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (1001/2009).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1001/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia da Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Seguros El Corte Inglés, Vida, Pensiones y Reaseguros, S.A., María Josefa Rodríguez Neira, María Concepción Porta Rodríguez, Miguel Ángel López Díaz, Alfonso José Cambeiro Vázquez, Jesús M. del Barrio Rivera, Victoria Isabel Ares Vázquez, José Ignacio López Pulleiro, Gema Martínez Sánchez, Lucía López Castro, Sheila Suárez Pérez, María Isabel Rodríguez Cordero e Patricia Veira Suárez, sobre procedemento de oficio, se ditou auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que desestimo a demanda seguida en procedemento de oficio presentada pola Inspección Provincial de Traballo contra os codemandados, e en consecuencia declaro que a relación existente entre Seguros El Corte Inglés, Vida, Pensiones y Reaseguros, S.A. e os codemandados Concepción Porta Rodríguez, DNI 32641149-D, María Josefa Rodríguez Neira, DNI 32419443-T, Patricia Veira Suárez, DNI 79336113-M, José Ignacio López Pulleiro, DNI 43631129-Z, Victoria Isabel Ares Vázquez, DNI 34899737-C, Sheila Suárez Pérez, DNI 47439517-Q, Jesús M. del Barrio Rivera, DNI 33993901-Q, Gema Martínez Sánchez, DNI 46909573-S, Miguel Ángel López Díaz, DNI 32825886-X, Lucía López Castro, DNI 47376861-N, Alfonso José Cambeiro Vázquez, DNI 33245337-X e María Isabel Rodríguez Cordero, DNI 79313677-V, non é de natureza laboral, e condeno as partes a estar e a pasar por tal declaración, con todas as consecuencias legais inherentes a tal pronunciamento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación, no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral, pasados os cales quedará firme en dereito e procederase ao seu arquivo.

Así, por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Jesús M. del Barrio Rivera, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de maio de 2010.

María Blanco Aquino

Secretaria xudicial