DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.575

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (878/2009).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de demanda 878/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Robles García, contra a empresa Kubee Studio, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decisión.

En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que estimo a demanda formulada por David Robles García contra a empresa Kubee Studio, S.L., polo que condeno a empresa demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 10.158,88 € co incremento dos xuros moratorios do 10% computados desde o 20 de xaneiro de 2009.

Así mesmo, absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, por comparecencia, ou por escrito das partes, do seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta nº 1531, clave 60, e que pode substituírse por aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista máis outra cantidade de 150,25 € na conta 1531, clave 34, e en calidade de depósito e en impreso separado ao do importe da condena.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Kubee Studio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

A Coruña, 21 de abril de 2010.

María Blanco Aquino

Secretaria xudicial