DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.565

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 2 de xuño de 2010, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de supervisor/a de área de servizos centrais.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto vacante de supervisor/a de área de servizos centrais.

As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do complexo hospitalario e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, sito no edificio administrativo, planta baixa, dirixidas á xerente xeral do complexo hospitalario, no prazo de 15 días hábiles contado desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Ourense, 2 de xuño de 2010.

Eloína Núñez Masid

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense