DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.564

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros das listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a vinculacións temporais na área especial de urxencias do 061 na categoría de persoal de enfermaría (DUE), convocada por Resolución do 8 de xuño de 2010, deste centro directivo (Diario Oficial de Galicia do 26 de abril).

Advertidos erros de feito na carga de méritos correspondentes á epígrafe I do anexo V do baremo de DUE (oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde) da convocatoria de aspirantes ás vinculacións temporais formalizadas por Resolución do 8 de xuño de 2010, deste centro directivo, consistentes na incorrecta asignación da puntuación correspondente ao número de exercicios superados da fase de oposición do último proceso selectivo convocado polo Servizo Galego de Saúde, cuxa asignación inicial foi a relativa á fase de oposición da OPE do ano 2006, no canto da relativa á OPE do ano 2008, convocada por Resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG do 26 de febreiro), e facendo uso das atribucións conferidas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e

periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta Dirección de Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro.-Rectificar de oficio o erro detectado, procedendo á asignación da valoración que a epígrafe i do anexo V do pacto de selección temporal do 24 de maio de 2004 (DOG do 1 de xuño) prevé consonte as puntuacións definitivas da fase de oposición do proceso selectivo da OPE do Servizo Galego de Saúde do ano 2008.

Segundo.-Publicar as listaxes provisionais resultantes desta corrección nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros de xestión do Servizo Galego de Saúde, así como na páxina web deste organismo autónomo (www.sergas.es) na mesma data na que teña lugar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación ante esta Dirección de Recursos Humanos, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos