DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.560

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 7 de xuño de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de reposición interposto por Antonio Francisco Pérez Fojón.

Con data do 28 de abril de 2010 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se desestima o recurso de reposición interposto por Antonio Francisco Pérez Fojón, contra a Resolución do 9 de marzo de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fan públicas as listaxes definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, así como as resultantes da adaptación a ese decreto de determinadas listas elaboradas no seu día ao abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes, entre outras, á categoría 016 do grupo IV de persoal laboral.

Inentada por dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de correos no domicilio indicado polo interesado para efectos de notificación, esta non se puido practicar sendo devoltas polo dito servizo, por ausente repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícase a Antonio Francisco Pérez Fojón a resolución antes referida.

O recorrente pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2010.

José María Barreiro Díaz

Director xeral da Función Pública