DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.559

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2010, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 234, do 2 de decembro), pola que se dá publicidade á relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión realizada o día 16 de xuño de 2010, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de setembro de 2009 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de novembro de 2008 (DOG nº 234, do 2 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro.-Determinar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, coa cualificación do concurso-oposición recollido no anexo a esta resolución, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

Segundo.-De acordo co establecido na base IV.2 da orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de novembro de 2008 (DOG nº 234, do 2 de decembro), facer público, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Pública e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, coa cualificación do concurso-oposición recollido no anexo a esta resolución, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De acordo coa dita base IV.2, os aspirantes dispoñen dun prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, para presentar a documentación prevista nas letras A), B) e C) da citada base.

Terceiro.-Elevar a devandita relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios de carreira.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

Guillermo Ramón Evia Pérez

Presidente do tribunal

Ver referencia pdf "11800D016P075.PDF"