DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.558

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2010, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, nomeado mediante Orde do 1 de setembro de 2009, pola que se dá publicidade á relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 2010, o tribunal nomeado pola orde da Consellería de Facenda do 1 de setembro de 2009, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 4 de xullo de 2008 (DOG nº 130, do 7 de xullo) e de conformidade co establecido na dita orde,

ACORDOU:

Primeiro.-Facer pública, de acordo coa base IV.2 da convocatoria, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De acordo coa dita base, os aspirantes dispoñen dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista nas súas letras a), b), c) e d).

Segundo.-Elevar a devandita relación á titular da Dirección Xeral de Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como funcionarios de carreira.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

Elena Barca Ramos

Presidenta do tribunal

Ver referencia pdf "11800D016P075.PDF"