DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2010 Páx. 11.524

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 17 de xuño de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 22 de decembro de 2009, pola que se establecen as bases e se convocan para 2010 axudas a empresas para a promoción e mellora da comercialización dos produtos agrarios e agroalimentarios galegos.

A Orde do 22 de decembro de 2009 (DOG do 29 de decembro de 2009) pola que se establecen as bases e se convocan para 2010 axudas a empresas para a promoción e mellora da comercialización dos produtos agrarios e agroalimentarios galegos, sinala no seu artigo 15, relativo ao financiamento das axudas, a partida orzamentaria e o importe destinado a financiar as axudas. Este artigo establece, así mesmo, a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria conforme o establecido no artigo 30º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 22 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para 2010 axudas a empresas para a promoción e mellora da comercialización dos produtos agrarios e agroalimentarios galegos.

Segundo.-O incremento da dotación será de 121.621 euros para o exercicio 2010 con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.713D.770.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na dita Orde do 22 de decembro de 2009.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural