DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de rectificación do anuncio de contratación, por procedemento aberto, para a xestión do servizo de tratamento final de residuos voluminosos. (Expediente 2543-252).

Con data do 3 de xuño de 2010 publicouse no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia anuncio de contratación, por procedemento aberto, para a xestión do servizo de tratamento final de residuos voluminosos (expediente 2543-252). Así mesmo, o dito anuncio tamén foi publicado con data do 29 de abril de 2010 no Diario Oficial de la Unión Europea.

Con data do 10 de xuño de 2010 foi publicado o dito anuncio no Boletín Oficial del Estado, polo que se modifica o prazo de presentación de ofertas previamente establecido (ata o 11-6-2010), ampliándose ata o día 25-6-2010.

Vigo, 10 de xuño de 2010.

Raquel Díaz Vázquez

Concelleira delegada de Contratación