DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de rectificación do anuncio de contratación, por procedemento aberto, da subministración en réxime de arrendamento (renting) de vehículos para a policía municipal deste concello. (Expediente 33891-212).

Con data do 3 de xuño de 2010 publicouse no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia anuncio de contratación, por procedemento aberto, da subministración en réxime de arrendamento (renting) de vehículos para a policía municipal do Concello de Vigo. (Expediente 33291-212). Así mesmo, o dito anuncio tamén foi publicado con data do 29 de abril de 2010 no Diario Oficial de la Unión Europea.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 7 de xuño de 2010, rectifícase o prego de prescricións técnicas para a adquisición de vehículos da policía local aprobado pola Xunta de Goberno Local, o 5 de abril de 2010. Por este motivo amplíase o prazo de presentación de proposicións, o cal rematará o día 26 de xuño de 2010.

Vigo, 9 de xuño de 2010.

Raquel Díaz Vázquez

Concelleira delegada de Contratación