DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, do aluguer de maquinaria para o Servizo de Vías e Obras deste concello. (Expediente 274-440).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: Oficina de Información Xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: 16-7-2010. d) Número de expediente: 274-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: subministración. b) Descrición: contratación do aluguer de maquinaria para o Servizo de Vías e Obras do Concello de Vigo. c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non. d) Lugar de execución: concello de Vigo. e) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total 849.600 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida nos puntos 13 e 14 da folla de especificación do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: 16-7-2010. b) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo, www.vigo.org.

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

10. Outras informacións:

Vigo, 27 de maio de 2010.

Raquel Díaz Vázquez

Concelleira delegada de Contratación