DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

EDICTO.

Lonza Biologics Porriño, S.L., solicitou da Alcaldía licenza municipal de obra e actividade para a apertura dun establecemento dedicado á fabricación de produtos farmacéuticos de base, que se situará no polígono de Torneiros, A Relva, s/n, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra- poidan examinar o expediente AM/02/10, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

O Porriño, 7 de xuño de 2010.

José Nelson Santos Argibay

Alcalde