DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica, mediante resolucións do 26 de abril de 2010 e do 11 de maio de 2010, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

Laureano Matos Barcia, con DNI 33557843-G, e José Luis Gómez Balea, con DNI 35306080-E, para ocupar dúas prazas de policía da policía local da escala básica de administración especial, subescala servizos especiais clase policía local, integradas dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso, quenda de mobilidad horizontal.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta dos tribunais cualificadores, ao que se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 18 de maio de 2010.

Miguel A. Fernández Lores

Alcalde