DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

EDICTO.

José Antonio Vázquez Meilán solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de corte, silos, fosa de xurro e nave almacén que se situará en Friolfe.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O Páramo, 11 de maio de 2010.

Gumersindo Rodríguez Liz

Alcalde