DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO.

No BOP de Lugo números 96 e 97, do 29 e 30 de abril de 2010, publicáronse integramente as bases que deberán rexer nos seguintes procesos selectivos:

-Concurso-oposición por promoción interna, convocado para prover unha praza de auxiliar de servizos xerais, grupo C, subgrupo C2, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello:

-Concurso-oposición libre, convocado para prover cinco prazas de auxiliares de axuda no fogar, vacantes no cadro de persoal laboral deste concello.

-Concurso-oposición, convocado no marco dun proceso de consolidación de emprego temporal ao abeiro da disposición transitoria 4ª do Estatuto básico do empregado público para prover as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal deste concello:

a) Persoal funcionario: grupo consonte o artigo 76 da Lei 7/2007: A, subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais.

Número de vacantes: unha.

Denominación: traballador/a social.

b) Persoal laboral fixo.

-Un mestre/a de escola infantil (OEP 2008).

-Tres capataces GRUMIR.

-Un/unha auxiliar OMIX.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

Monterroso, 26 de maio de 2010.

Antonio E. Gato Soengas

Alcalde