DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MESÍA

ANUNCIO.

Solicitada por Catalina Cotelo Muíños, en representación de Fazeta Coruña, S.L., licenza de obra e actividade para a instalación dunha estación de servizo, no lugar do Empalme de Lanzá, parroquia de Lanzá, no termo municipal de Mesía, en cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 25 de maio de 2010.

Mariano Iglesias Castro

Alcalde