DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO sobre a aprobación definitiva do estudo de detalle número 3 en solo urbano do Mosteiro (avenida Médico Paz e outras rúas).

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 25 de maio de 2010, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para adaptación das aliñacións en solo urbano do Mosteiro (avda. Médico Paz e outras rúas), tramitado por instancia do concello, redactado por Espinosa&Rodríguez Projets managers, S.L.

Publícase este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP publícase tamén o texto dos documentos que o integran e o índice de planos do estudo de detalle definitivamente aprobado. Así mesmo, con data do 10 de xuño de 2010 remitiuse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada do expediente administrativo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que os integran.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou actuación que coiden oportunos.

Meis, 15 de xuño de 2010.

José Luis Pérez Estévez

Alcalde