DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO de exposición pública.

Faise público que José Ramón Pereira Alvite solicitou licenza para desenvolver a actividade de execución de dous anexos á explotación agrícola consistentes en muro de hormigón para silo e galpón para parideiras nas Espigas-Alborés, comprendida no ámbito de aplicación comprendido no Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentada a solicitude e documentación anexa requirida pola normativa e para os efectos de cumprir o desposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que estimen pertinentes.

Mazaricos, 20 de maio de 2010.

José M. Santos Maneiro

Alcalde