DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

EDICTO.

Solicitada licenza para proxecto de mellora de explotación gandeira no lugar de Zanfoga-1-Montemaior-A Laracha, actividade sometida á avaliación de incidencia ambiental, por O Casal de Zanfoga, S.C., neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un período de vinte días co fin de que durante este -que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia- os que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade poidan presentar as alegacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 14 de xuño de 2010.

José Manuel López Varela

Alcalde