DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

RESOLUCIÓN.

En virtude das facultades que me confire o artigo 21.1º h), da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, así como as bases da convocatoria para a cobertura mediante o sistema de concurso na quenda de promoción interna da praza de persoal laboral fixo denominada capataz/encargado, publicada no BOP nº 9, do 15 de xaneiro de 2010.

Vista a acta da comisión de valoración celebrada o 26 de abril de 2010 que por unanimidade propón a José Antonio Trillo Costa, con DNI 76364356-D, como candidato para a cobertura da praza de persoal laboral fixo denominada encargado/capataz.

RESOLVO:

Primeiro.-Nomear a José Antonio Trillo Costa, con DNI 76364356-D, persoal laboral fixo para cubrir a praza de encargado/capataz.

Segundo.-Conforme o establecido na base sétima reguladora do procedemento, o prazo máximo para a sinatura do contrato/toma de posesión da nova praza será de cinco días naturais se non implica cambio de residencia. O devandito prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento na praza de orixe, cesamento que deberá producirse dentro dos cinco días naturais seguintes á publicación da resolución do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Que se dea traslado desta resolución ao interesado.

Cuarta.-Que se publique esta resolución no BOP, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios da casa do concello, e que se dea conta ao pleno na primeira sesión que realice.

Mándao e asínao o alcalde, ante a miña secretaria, para os únicos efectos de dar fe pública e recoñecemento de sinatura.

Cee, 14 de maio de 2010.

Ramón Vigo Sambade

Alcalde

Rocío Hermida Cancela

Secretaria