DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

EDICTO.

Yáñez Ferretería y Material de Construcción solicitou desta Alcaldía licenza municipal para ferraxaría que se situará na Castellana, 14, parroquia de Vilarraso.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG- poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamación ou observacións que xulguen oportunas.

Aranga, 20 maio de 2010.

Manuel Brañas Abad

Alcalde