DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

ANUNCIO de contratación de servizo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ames.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) É a contratación do servizo de realización de actividades de prevención, promoción da saúde e dinamización de persoas maiores do Concello de Ames. (Programa Amessan).

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: diversos lugares do concello de Ames.

d) Prazo de execución: comezará no mes de outubro de 2010 e terá unha duración inicial dunha tempada (de outubro de 2010 a xuño de 2011), prorrogable expresamente por períodos dunha tempada, por mutuo acordo das partes, ata un máximo de dúas tempadas (incluído o período inicial e prórrogas).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. 57.694,98 euros/tempada (sen IVE). IVE (8%): 4.615,60 euros.

5. Garantía provisional: non se exixe. Garantía definitiva: 5% do prezo de adjudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ames.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

c) Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.

d) Teléfono: 981 88 30 02.

e) Telefax: 981 88 39 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Presentación de ofertas: os licitadores poderán presentar as proposicións no rexistro xeral do Concello de Ames, ata as 14.00 horas no prazo de 8 días naturais contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

a) Documentación que teñen que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lugar de presentación: rexistro do Concello de Ames.

1. Entidade: Concello de Ames.

2. Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

3. Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

c) Localidade: Ames.

d) Data e hora: indicarase cunha antelación mínima de 2 días hábiles no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do concello.

9. Gasto de anuncios. Importe máximo: 1.800 euros.

10. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.concellodeames.org

Ames, 14 de xuño de 2009.

Carlos A. Fernández Castro

Alcalde