DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

Javier Garabal Gómez solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar un salón de peiteado na travesa do Porto, 18, O Milladoiro, Ames.

Para cumprir co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, e con base na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, poderán examinar o expediente en Urbanismo, no Departamento de Aperturas, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Ames, 27 de abril de 2010.

Carlos A. Fernández Castro

Alcalde