DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2010 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio e tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato non suxeito a regulación harmonizada de subministración para a adquisición de plataforma informática para este ente público.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Departamento Económico-Financeiro.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de plataforma informática para o ente público Portos de Galicia.

b) Lugar de execución ou de entrega dos bens: será designado por Portos de Galicia.

c) Orzamento base de licitación: cento noventa mil euros (190.000 €), IVE excluído.

d) Importe do IVE (16%): 30.4000 euros.

e) Prazo de execución ou entrega: trinta (30) días.

f) División por lotes: non hai.

3. Tramitación, procedemento e sistema de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (sistema multicriterio).

4. Garantías:

a) Provisional: 3.800 euros (2% do orzamento de licitación, IVE excluído).

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

-Enderezo: praza de Europa, 10-A, 4º Polígono das Fontiñas (Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

-Teléfono: 981 54 53 05.

b) Perfil de contratante na web: a memoria prego de prescricións técnicas particulares, o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e o cadro de características do contrato poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 14361

c) A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non procede.

b) Outros requisitos: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional conforme o disposto nos números 16 e 17 do cadro de características do contrato. Así mesmo, deberán observar o cumprimento de todos os demais requisitos que, de ser o caso, estean especificados tanto no prego tipo de cláusulas administrativas particulares como na memoria prego de prescricións técnicas particulares.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no número 18 do cadro de características do contrato que se xunta ao prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

-Entidade: as proposicións presentaranse, en tres (3) sobres pechados, no rexistro central do ente público Portos de Galicia.

-Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707

-Teléfono: 902 40 08 70.

-Fax: 981 54 53 24.

Tamén poderán presentarse por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura pública das proposicións económicas.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no número 11 do cadro de características do contrato.

f) Variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 10-A, 4º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: 15707, Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobres B) levarase a cabo o décimo quinto (15º) día natural seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Nese acto público de apertura, a mesa fixará e dará publicidade á data, lugar e hora en que se procederá á apertura das ofertas económicas (sobres C).

e) Hora: 12.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de proposicións, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 6.2.1 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A) e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos Servizos Centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se fose o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2010.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Presidente de Puertos de Galicia