DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal desta empresa pública para a categoría profesional de enxeñeiro técnico forestal, perfil de xestión de actuacións.

O director-xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e as bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para a categoría profesional de enxeñeiro técnico forestal, perfil de xestión de actuacións.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita en polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, CP 15.890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

Pablo Arbones Maciñeira

Director xerente da Empresa Pública de Servicios Agrarios Galegos, S.A.