DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 1 de xuño de 2010 pola que se notifica a imposición da sétima multa coercitiva, devolta polo servizo de correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición. (Expediente 107 B 2005/14-0).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 24 de febreiro de 2010, resolución pola que se impón unha sétima multa coercitiva derivada do expediente da reposición da legalidade urbanística 107 B 2005/14-0, a Orlando Blanco López, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 20 de xuño de 2005, que ordenaba a demolición das obras de edificación executadas por el, no lugar de Presas- Parderrubias, no concello da Merca, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland - Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

Contra o acordo de imposición da sétima multa coercitiva o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1º regra terceira da Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2010.

María Martínez Allegue

Directora da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística