DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO do 25 de maio de 2010 polo que se fai público o acordo de incoación e o prego de cargos ditados no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Esdehor, S.L. (concello de Viveiro). Clave DH.D27.05525.

Con data do 19 de abril de 2010 ditouse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra Esdehor, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter menos grave en materia de verteduras de augas residuais, tipificada nos artigos 116.3º.f) do texto refundido da Lei de augas, e 316 g) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado, e fáiselle saber que unha copia deles se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2010.

Ethel Vázquez Mourelle

Presidenta de Augas de Galicia