DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO do 18 de maio de 2010 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Serafín Rodríguez Rodríguez (concello de Valga). Clave DH.D36.16612.

No 14 de abril de 2010 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Serafín Rodríguez Rodríguez (t.m. Valga).

Intentada a notificación do devandito acto por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado e fáiselle saber que unha copia del está ao seu dispor nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo e presentar as alegacións que conveñan ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2010.

Ethel Vázquez Mourelle

Presidenta de Augas de Galicia