DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2010 pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos interpostos contra a denegación por silencio administrativo de solicitudes de cambios de cultivo e cambios de localización nos viveiros Frangarbe X e Maba I.

A Consellería do Mar recibe, da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencias polas cales se admiten a trámite os recursos contencioso-administrativos que se indican a continuación, contra a denegación por silencio administrativo das solicitudes de cambio de cultivo e cambio de localización nos viveiros sinalados:

Número de procedemento: 4089/2010.

Recorrentes; José Domínguez Ferreiro, María Pilar Castro Castro, Olivia Martínez Romay, Enrique Domínguez Ferreiro.

Nome do viveiro: Frangarbe X

Cuadrícula e polígono de orixe: 63 do polígono O Grove A, (reordenado provisionalmente na cuadrícula 113 do novo polígono O Grove A).

Cuadrícula e polígonos solicitados: 3 do polígono Ribeira C, 46 e 90 do polígono Ribeira B, e, de non ser factible, outra das cuadrículas vacantes aptas para o cultivo de mexillón neses polígonos B e C ou outro do distrito marítimo da Pobra do Caramiñal.

Número de procedemento: 4090/2010.

Recorrentes: Manuel Soutullo Rodiño, María Soledad García Otero.

Nome do viveiro: Maba I

Cuadrícula e polígono de orixe: 94 do polígono O Grove A, (reordenado provisionalmente na cuadrícula 123 do novo polígono O Grove A).

Cuadrículas e polígonos solicitados: 32, 34 e 87 do polígono Ribeira B, e de non ser factible, outra das cuadrículas vacantes aptas para o cultivo de mexillón nese polígono B ou outro do distrito marítimo da Pobra do Caramiñal.

En consecuencia, esta consellería acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión dos expedientes administrativos á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2010.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar