DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 4 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente CO-APP-2009/0026.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento CO-APP-2009/0026.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Subdirección Xeral de Apoio Xurídico, situadas no edificio administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que esgota á vía administrativa, caberá, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo do domicilio do interesado ou da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa; contados ambos os prazos a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que estime pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2010.

Ricardo García-Borregón Millán

Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente nº: CO-APP-2009/0026.

Denunciado: Santiago Sánchez Regueiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar de Ois, bloque 4, 3º B, 15380 Oza dos Ríos, A Coruña.