DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 31 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador INC.LU-0046/2010-VNA.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 31 de maio de 2010.

Ramón Carballo Páez

Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: INC.LU-0046/2010-VNA.

Interesada: Nuria Fuente Larrea.

Acto notificado: incoación.