DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

EDICTO do 21 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican resolucións xestionadas neste departamento territorial.

No uso das competencias atribuídas a este departamento territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante RXAPPAC), ao seren devoltas polo servizo de correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas no procedemento instado polos interesados, publícase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido das resolucións, contra as que poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data desta publicación, perante a Consellería de Traballo e Benestar directamente ou a través deste departamento territorial, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), que modifica parcialmente a Lei 30/1992, de RXAPPAC. No mesmo prazo sinalado e de acordo co referido no artigo 61 da Lei 30/1992 do RXAPPAC, poderán comparecer

persoalmente ou debidamente representados neste departamento territorial, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da correspondente resolución e do resto do expediente.

Vigo, 21 de maio de 2010.

Carmen Bianchi Valcarce

Xefa territorial de Vigo

ANEXO

-Nome e apelidos: Constante Alonso Gil.

DNI: 53170368-A.

Número de expediente: 36/0000786-J/08.

Notificación: resolución de caducidade.

-Nome e apelidos: Jesús Fernández González.

DNI: 36112825-L.

Número de expediente: 36/0000021-I/08.

Notificación: resolución de caducidade.